viernes, 15 de mayo de 2015

TORNEO CASA DA XUVENTUDE DE NOIA


Texto y Fotos: Alberto Dios Queiruga

Este sábado, 9 de maio, celebrouse o 1º Torneo de Xadrez da Casa da Xuventude de Noia. Foi o primeiro torneo organizado por Alberto Dios, destinado para os xóvenes da comarca e do que se obtivo a plena colaboración por parte de Almudena, como representante da Casa da Xuventude, de Jesús Rodríguez, presidente do Clube de Xadrez Liceo de Noia  e da ANPA de Serra de Outes, así como de tódolos participantes.


A xornada de xadrez dividiuse en dous bloques diferenciados, no primeiro deuse unha clase de xadrez, onde xogaron diferentes partidas os nenos entre sí e nos que o organizador foi correxindo os respectivos erros dos xogadores, así como a explicación de diferentes mates sinxelos. Xunto a esto, organizouse un breve torneo de comer pezas, do que o gañador foi Carlos.

Carlos recibindo o seu premio

No segundo bloque, organizouse un torneo a 7 rondas con partidas a 5 minutos. Nesta fase participaron os rapaces de Jesús menores de 12 anos (ademáis do xoven sub 8 Iago, o cal xa se encontraba no bloque anterior, sorprendendo dada a súa idade, co seu gran manexo de pezas), os cais foron claramente os dominadores do torneo (hai que ter en conta a súa gran dedicación en horas o que provocou que estiveran algo por encima dos restantes rapaces, aínda que os mesmo tamén levaron a cabo un xogo atractivo, o que posibilitou que en determinadas ocasións lograran poñer en apuros ós pupilos de Jesús Rodríguez).

Iago vendo a partida entre Xoel e Sara
Expectación na partida de Xenxo e Sara
Partidas de Eloy contra Iago e de Carlos contra Xoel
En canto o torneo, foi moi disputado chegando á última ronda empatados a 5 puntos Raúl, Iago Pereira e Xenxo. Para poñer máis emoción, nesta última ronda o programa de emparellamento comezou a faiar, debendo realizar o mesmo de forma manual. Finalmente gañaron os tres a derradeira partida, quedando nun triple empate a 6 puntos. A sorte do desempate favoreceu neste caso a Raúl, quedando de primeiro e a continuación  Iago Pereira e  Xenxo.

Trofeos do torneo
Xenxo Barreiro 3º Clasificado
Iago Pereira Subcampeón
Raúl Campeón do torneo
Respecto a valoración do torneo foi moi positiva, dado o excelente comportamento dos nenos, tanto na victoria como na derrota e pola consideración de que os rapaces disfrutaron dunha xornada de xadrez.

Xenxo, Raúl, Iago, Carlos, Eloy (arriba de esquerda a dereita)
Xoel, Iago e Brais